Imprimir

A TERCEIRA SESIÓN DO I ENCONTRO DE POESÍA GALEGA ADIÁNTASE ÁS 18:00 HORAS


30/11/2007

Por motivos de axenda do Ministro de Cultura, César Antonio Molina, adiántase ás 18:00 horas a terceira sesión do I Encontro de Poesía organizado polo Concello de Lugo e RNE.

Nesta sesión intervirán grandes poetas da literatura galega de hoxe como Vicentre Araguas, Darío Xohán Cabana, Miguel Anxo Fernán Vello, Ramiro Fonte, Salvador García Bodaño, Luís González Tosar ou Manuel Rivas.

A última das xornadas do encontro contará, ademais, coa actuación musical de Luís Emilio Batallán.