Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O equipo de goberno consensúa os orzamentos do ano 2008


# Venres, 30/11/2007
López Orozco dixo que houbo acordo co partido que quixo chegar a ese acordo

Destacou que son uns orzamentos pensados por e para Lugo que é o eixo da súa política

Aprobaranse nun Pleno que terá lugar en arredor de 2 semanas


O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, mantiveron unha nova xuntanza cos grupos da oposición para consensuar os orzamentos do ano 2008.

Nesta xuntanza analizáronse as distintas posturas e o goberno local chegou a un acordo co Partido Popular para consensuar as partidas orzamentarias do ano que ven co grupo que amosou “disposición” para sacar adiante os orzamentos. López Orozco destacou que o apoio do PP “alédanos porque quen gana é o conxunto da cidade”.

Con toda probabilidade os orzamentos para o ano 2008 serán aprobados nun Pleno Extraordinario que terá lugar a finais do mes de decembro.

O Alcalde destacou que nesta xuntanza se achegaron posturas e distintos puntos de vista sobre unha mesma realidade: Lugo. ”Cando hai consenso, desa suma sae beneficiada a cidade”. Dixo que o acordo ó que se chegou non modifica o esquema que presentou o equipo de goberno hai unhas semanas, polo que se mantén o proxecto de cidade do partido que está gobernando Lugo, “súmase outra visión e iso supón que máis lucenses se ven reflectidos nestes orzamentos”.

O mandatario lucense explicou que este acordo non implica que se acheguen posturas entre dúas forzas políticas “o meu obxectivo desde que son Alcalde é que Lugo progrese, que os seus barrios melloren. Lugo vive unha nova etapa política, e necesitamos apoio para sacar adiante determinadas decisións”. O Alcalde reiterou o seu compromiso a negociar todo o que beneficie ós veciños e veciñas de Lugo “Eu non penso en perpetuarme como Alcalde, senón en traballar pola cidade”

López Orozco explicou que os compromisos de consensuar obras, melloras nas rúas ou nas parroquias, fanse co único obxectivo de garantir que a cidade continúe mellorando como ata o de agora. “Un goberno en minoría queda patente hoxe que non é un goberno que non xestiona”.

O Alcalde lembrou que nas eleccións do 27 de maio a cidadanía decidiu que fose necesario o acordo para sacar adiante algúns temas, e que polo tanto son máis de 40.000 lucenses os que din que si a estes orzamentos.

Explicou ademais que sente “que non participen todos os partidos neste extraordinario consenso”, que dende o primeiro día, recordou, estivo aberto a todos os grupos con representación municipal que fixesen propostas técnicamente viables.

Nesta nova etapa, “nesta nova forma de gobernar no Concello de Lugo”, darase conta cada certo tempo da evolución dos orzamentos e das múltiples obras postas en marcha na cidade a toda a Corporación.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova