Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugura a Ludus Party.net con maior participación


# Luns, 03/12/2007
A festa tecnolóxica conta cunha intensa programación de actividades de entrenemento

A segunda edición da Ludus Party.net arrancou con máis de 650 participantes. A inauguración oficial correu a cargo do Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o Director Territorial de Caixa Galicia e o Director Provincial da Fundación Caixa Galicia.

As autoriadades puideron ver todas as infraestructuras dispostas pola organización da Ludus Party.net para que os amantes da tecnoloxía desfruten o máximo destas máis de 50 horas de festa.

A cita conta cunha intensa programación de actividades de entretemento . O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá talleres de formación, competicións de xogos, intranet, exhibicións de robótica, consolas de última xeración, e, ademáis, unha pista de patinaxe sobre xeo e un circuito de karts.

Tanto o público en xeral como os inscritos na party poderán participar en probas e optar a importantes premios tecnolóxicos.

Espazo para a animación

O sétimo arte non podía faltar nesta cita de ocio lucense. O mundo do cine vai a estar representado polo director Coque Rioboó que recibiu o premio Goya 2007 á mellor curtametraxe de animación pola obra El viaje de Said. Este creador ofrecerá un obradoiro no que achegará aos visitantes as técnicas máis innovadoras na animación cinematográfica, explicandolles como se realiza a animación con figuras fotograma a fotograma.

O Concello de Lugo instalou unha zona de pantallas que acollerán a proxección das curtometraxes máis representativas das últimas tendencias en animación dixital.

Ademais, no Planetario de Caixa Galicia, emitaranse espectaculares proxeccións, e a Dirección Xeral de Comunicación Audiviosual da Xunta de Galicia instalará un stand con salas de proxeccións en 3D e realidade virtual.

Todos os interesados en recibir máis información sobre o programa de actividades poden consultar a web municipal www.lugo.es ou no teléfono de atención municipal 010.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova