Imprimir

O SERVIZO DE DESRATIZACIÓN REALIZA DENDE O LUNS UNHA CAMPAÑA DE CHOQUE


3/12/2007

O Servizo de Desratización realizará dende o lúns 3 de decembro ata o mércores día 5, a campaña de choque, que tradicionalmente se organiza para finais de ano.

Nesta ocasión, os traballos retrasáronse algo máis do previsto debido ás intensas choivas das últimas semanas que eliminan efectividade ao tratamento de desratización.

A empresa encargada deste traballo é Sanal Control Medioambiental, que realiza durante o ano dúas campañas de choque, ademais de actuar todos os venres nos barrios da cidade, ata actuar unhas tres veces durante o ano.

Un equipo técnico desta empresa, composto por tres vehículos e catro operarios especializados, actuarán en todo o término municipal, tal e como fan todos os anos.