Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha exposición saca á rúa a cooperación galega no exterior


# Luns, 03/12/2007
A mostra estará aberta ó público ata o 3 de decembro na praza nova de Ramón Ferreiro

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, inaugurou a exposición Achégate!. Trátase dunha mostra organizada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior en colaboración co Concello de Lugo, en conmemoración do Día dos Dereitos Humanos que se celebra o 10 de decembro.

A exposición consiste nunha carpa con catro jaimas onde a cidadanía poderá descobrer o mundo da cooperación galega. Estará situada na Praza Nova de Ramón Ferreiro do 1 ó 3 de decembro.

No primeiro dos espazos haberá unha exposición fotográfica acompañando as preguntas: que é a cooperación?, por que cooperamos?, onde cooperamos? e como se invisten os cartos?. Trátase de transmitir, con moita imaxe e pouca letra, a labor galega a favor dos Dereitos Humanos.

Na segunda jaima os asistentes poderán consultar nunha biblioteca os diferentes materiais sobre cooperación cedidos pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior e polas diferentes ONGs, universidades, sindicatos e outro autores da cooperación.

Na terceira, proxectarase un video con diferentes proxectos financiados pola Dirección Xeral de Cooperación. E, por último, a cuarta convértese nunha zona interactiva con ordenadores para que as persoas asistentes poidan navegar entre as labores de cooperación galega.

Os máis pequenos tamén contarán con actividades para eles. Haberá un total de tres sesións de contacontos ó día , ás 12:30, 17:00 e 18:30 horas. O domingo, estas sesións de contos converteranse en cantacontos, musicado e representado en teatro de sombras chinesas, a cargo de Anxo Moure, do proxecto Contos Solidarios, que achegará ós máis cativos o mundo da cooperación.

O obxectivo de sair á rúa e transmitir ós cidadáns a necesidade de recoñecer o dereito ó desenvolvemento como un dereito humano e achegar á poboación a situación dos países máis empobrecidos do mundo

Responsabilidade galega
Trátase dunha forte campaña de sensibilización que o Dirección Xeral de Cooperación Exterior está a levar a cabo en Galicia para facer un chamamento sobre a responsabilidade que, como pobo desenvolvido, ten sobre os países máis desfavorecidos. Esta campaña está a levar unha exposición itinerante a cinco cidades galegas e que terá unha duración dun mes.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova