Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO FORMATIVO PARA BOMBEIROS E AXENTES DA POLICÍA LOCAL PARA INSTRUÍLOS NO MANEXO DE DESFIBRILADORES


3/12/2007 As clases desenvolveranse ente os días 3 e 20 de decembro e participarán preto de 200 profesionais

A Concellería de Protección á Comunidade organiza un curso para formar a bombeiros e a axentes da Policía Local no manexo de desfibriladores para as actuacións de primeiros auxilios nas que sexa necesaria a reanimación cardíaca e respiratoria.

O curso desenvolverase entre o 3 e o 20 de decembro e en cada quenda participarán aproximadamente once policías locais e oito bombeiros. En total, celebraranse dez sesións nas que participarán preto de douscentos profesionais.

Un equipo composto por dous médicos, un farmacéutico, un bioquímico, dous técnicos sanitarios e un informático será os responsables de impartir o curso de primeiros auxilios de achegar a lexislación de prevención, e de adiestralos no manexo do kit de supervivencia que se compón de : maletín de reanimación (oxixenoterapia) e os desfibriladores.