Cargando....
Concello de Lugo
24/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza unha campaña de teatro infantil que afonda no mundo dos valores


# Luns, 03/12/2007
No eres una lagartija será representada do 3 ó 5 de decembro no Auditorio Municial Gustavo Freire

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, en colaboración con Caja Madrid, organiza unha campaña de teatro infantil, dirixida a nenos de 4 a 8 anos.

A campaña terá lugar os días 3, 4 e 5 de decembro coa representación de No eres una lagartija no Auditorio Gustavo Freire. A obra, representada pola Compañía Fantasía en Negro Teatro e baseada no conto de Concha López Narváez, utiliza como ferramenta a técnica da luz negra e aborda o mundo dos valores.

As representacións terán lugar:
- Días 3, 4 e 5 sesións ás 10:30 e 12:00 horas para escolares.

- Día 5 ás 19:00 horas sesión para público familiar. Entrada con invitación, que se poderá solicitar na oficina da Concellería de Educación, no Centro Social Uxío Novoneyra.

No eres una lagartija

Conta a historia dun pequeno ser parecido a unha lagarta de ollos vermellos que nace preto dunha roca. Os animais do bosque expúlsano de alí por ser diferente. Ante a situación o ser enfádase e o seu corpo empeza a medrar ata ser enorme…

Ambientada con máxicos elementos que evocan a exuberancia da natureza, esta obra vainos desgranando a súa principal mensaxe: a construción da nosa identidade depende de quen nos rodea e son eles quen poden facer de nós seres monstruosos ou seres magníficos.

Compañía Fantasía en Negro Teatro

Dende fai dezaseis anos, Fantasía en Negro Teatro realiza unha intensa actividade teatral, con obras como Brujas, Brujas, La aventura peligrosa de una vocal presuntuosa, Tragasueños, El regalo (Premio Boulevar 2001, ao mellor Espectáculo de Teatro para Nenos), Si tienes un papá mago… e No eres una lagartija, espectáculos dirixidos ó público en xeral, pero concebidos especialmente para o público infantil, cunha clara intención didáctica.

Actualmente, a Compañía fixo unha aposta decidida polos nenos e nenas do século XXI. Utilizando como ferramenta a técnica da luz negra que envolve a maxia das palabras e a música, intenta incidir nos aspectos da súa personalidade que considera máis relevantes.

As súas obras céntranse no mundo dos afectos dos máis pequenos, crendo axudar así ao seu coñecemento da realidade, tan mediatizada polas emocións e sentimentos. Por outra banda, a proposta dos últimos espectáculos pretende abordar tamén o ámbito dos valores (comunicación, non-violencia, esforzo, solidaridade, tolerancia,…) de forma lúdica e sen concesións á sensiblería, co desexo de contribuír, a través do entretemento e a diversión, á formación dos homes e mulleres do mañá.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova