Imprimir

COMUNICADO DE CONDENA DO CONCELLO DE LUGO


3/12/2007

O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado terrorista perpetrado esta fin de semana en Francia por ETA, e amosa a súa repulsa radical a quen con desprezo ao dereito máis fundamental, o dereito á vida, tratan de acobardar ao conxunto da cidadanía.

Nestes momentos tan difíciles os lucenses unímonos á dor das familias de Raúl Centeno, o Garda Civil brutalmente asasinado, e de Fernando Trapero, o axente que permanece ferido de gravidade.

Manifestamos o noso aprezo e apoio incondicional aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que se xogan a vida cada día na súa loita pola liberdade, a democracia e a nosa seguridade.

Hoxe, ratificamos o noso compromiso na loita antiterrorista. Que saiban os etarras que a cidadanía quere vivir en paz e defenderemos con toda determinación a liberdade fronte aos asasinos, o totalitarismo e as ameazas.

Somos un pobo que cre na convivencia pacífica, na tolerancia, no respecto aos Dereitos Humanos e nos principios da Constitución.

Hoxe, coma sempre, os demócratas unidos non permitiremos que silencien as nosas voces firmes e fortes que piden a paz. O pobo lucense hoxe reitera o seu NON ROTUNDO AO TERRORISMO.