Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta Local de Seguridade creará unha comisión para prever os problemas da convivencia e seguridade escolar


# Luns, 03/12/2007
A medida deriva do acordo marco entre o Ministerio de Educación, o Ministerio de Interior e a FEMP

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, anunciaron o compromiso acadado na Xunta Local de Seguridade de colaborar nos problemas que poidan incidir na convivencia e seguridade escolar. Nesta xuntanza foi presentado o plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar, unha iniciativa estatal, derivada do acordo marco entre o Ministerio de Educación, o Ministerio de Interior e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e que se vai a poñer en marcha na cidade.

Como indicou o Alcalde “Lugo é unha cidade segura, pero quemos previr os posibles problemas que poidan xurdir no entorno escolar”. Nesta política de prevención colaborarán todos os axentes sociais implicados que estarán presentes nunha mesa técnica composta por: membros das Forzas de Seguridade, persoal da Concellería de Educación, da Concellería de Muller e Benestar Social, e da Consellería de Educación.

López Orozco explicou que “a labor desta mesa de traballo será adiantarse ós problemas e coordinarse nas labores contra o acoso escolar, o consumo de alcohol e drogas, o absentismo, a posible existencia de bandas xuveniles e os riscos de Internet”. O obxectivo final e establecer unha liña de colaboración para adiantarse ós problemas que poidan incidir na convivencia e seguridade escolar.

O Alcalde quere que “os pais e nais dos rapaces que asisten ás escolas da cidade, e a sociedade en xeral, visualicen a presencia da policía, a garantía da liberdade, da saúde e do cumprimento do deber”.

Pola súa banda, o Subdelegado do Goberno, expresou a necesidade de que os Gobernos locales se impliquen na prevención dos posibles problemas no marco educativo. Ademais alabou a predisposición de colaboración amosada polo Concello de Lugo para levar a cabo os obxectivos marcados no



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova