Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un mercadillo solidario chama a atención sobre a necesidade de garantir os dereitos cidadáns en igualdade


# Luns, 03/12/2007
Forma parte do programa Diversiarte 2007 organizado pola Concellería de Muller e Benestar Social e 19 asociacións da cidade

Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, leu un manifesto na inauguración do Mercadillo Solidario que se instalará no fondo da Praza Maior e permanecerá aberto os días 3, 4 e 5 de decembro, entre as 12:00 e as 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.

O mercadillo forma parte das actividades organizadas polo Concello de Lugo e 19 asociacións da cidade para chamar a atención sobre a necesidade de garantir a consecución dos dereitos cidadáns en igualdade e superar as barreiras mentais: Diversiarte 2007.

Venderanse neste mercadillo obxectos que realizan os membros destas asociacións que representan a colectivos con distintas discapacidades e que están normalmente á venda. Ademais, cada asociación terá o seu propio posto no que se ofrecerá información sobre o mesmo.

No mercadillo poderán mercase velas, postais e outro tipo de obxectos solidarios que non poderían ser mellores agasallos de Nadal.

MANIFIESTO
DÍA EUROPEO E INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

POLA PLENA CIDADANÍA


Con motivo da celebración do Día Internacional e Europeo das personas con discapacidade, promovido polas Nacións Unidas o día 3 de decembro de 1997, dende o Concello de Lugo xunto coas organizacións sociais que traballan polos dereitos destas personas queremos manifestar:

Que o noso país é un dos máis favorecedores na adopción de medidas a favor da inclusión das persoas con diversidade funcional e as súas familias. Son múltiples as iniciativas normativas, orzamentarias e programáticas que en España se levaron a cabo para que teñan e compartan a plena cidadanía.

Destacamos:

A aprobación da lei de linguaxe de signos e apoio á comunicación oral, a que sitúa o noso país como referente mundial, unha reivindicación do movemento asociativo de persoas sordas e sordocegas.

Establecer o 26 de outubro como o Día nacional do dano cerebral sobrevido para informar e chamar a atención da sociedade e dar pasos de cara a investigación e a comunicación sobre este tipo de lesións.

A fixación de datas límite para a accesibilidade nos distintos tipos de trasportes.

A lei de dependencia aprobada polo Goberno de España que vais supoñer un soporte importantísimo para as persoas con diversidade funcional e para as súas familias, coidadoras e coidadores ademais de que é un dereito universal subxtivo de acceso en igualdade de condicións en calquera cidade de España.

Lei de asistencia xurídica gratuíta a lei de imposto sobre o valor engadido ou a garantía da igualdade de oportunidades nas leis de educación e universidades.

Ademais da posta en marcha do Plan de Acción da Muller ou a creación do Plan ADOP, que garante por 1ª vez en España o acceso dos deportistas e das deportistas paralímpicos a becas e axudas, ó mesmo nivel que os e as deportistas profesionais, entre outras accións.

As políticas para as persoas con discapacidade convertéronse en política de Estado, adquirindo a nivel local tamén unha maior relevancia.

A estreita colaboración e o bo entendemento con todas as entidades que traballan no eido das discapacidades polos dereitos das persoas supuxo un importante avance.

Así froito dun convenio co concello, imserso e once puidemos levar e estamos levando a cabo varias actuacións en materia de accesibilidade e mobilidade, no transporte público, taxis adaptados, servizo de acompañamento de intérprete de linguaxe de signos para persoas sordas, adaptación dos pisos de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero, aparcadoiros soterrados, locais para as asociacións que neste momento tiñan esa necesidade, e a próxima construción dun edificio de vivendas completamente accesible no que o Concello porá, a disposición das personas con discapacidade que queiran ter unha vida independente, pisos tutelados etc.
Unha das ferramentas mais importantes é o Gabinete de Accesibilidade no que representantes de empresarios da construcción, organzicións sociais e o concello vixian para que se cumpra a lei e se garantan os dereitos de mobilidade de todas e todos.
Polo traballo feito entre todas e todos conseguimos o premio Raiña Sofía de Accesibilidade e tamén o premio Millenium Século XX-XXI (2006) da unidade provincial de parapléxicos de A Coruña , premios que non son só ó traballo feito, senón que son o impulso para o que queda por facer e seguir no camiño pola igualdade de oportunidades para todas as persoas.

Quedan moitas cousas aínda por facer, queremos que as persoas con diversidade funcional poidan moverse, viaxar, ir de vacacións, practicar deportes. Que teñan acceso ás novas tecnoloxías cos medios necesarios o seo alcance e sobre todo teñan acceso á cultura, ó noso patrimonio nacional e como non á educación, tamén á universitaria. Así como o acceso ó emprego con medidas de acción positiva para as discapacidades sobrevidas, na discapacidade intelectual, e unha especial atención á gran discapacidade. Para conseguir esa sociedade que todos e todas queremos e á que temos dereito.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova