Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe a un grupo de alumnos do colexio Salesianos


# Martes, 04/12/2007
Preto de cincuenta pequenos encheron o Salón de Plenos

Os cincuenta rapaces que cursan 3º de primaria no colexio lucense dos Salesianos aproveitaron unha excursión pola cidade para achegarse á Casa Consistorial por primeira vez. Os pequenos, que rondan os oito anos de idade, amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e pola labor desempeñada polo goberno municipal.

O Alcalde, que presidiu a recepción, tivo que recuperar as súas dotes para a ensinanza e facer fronte ás innatas ansias de coñecemento dos pequenos. As súas artes servíronlle para establecer un diálogo socrático cos nenos que non se cansaron de facer preguntas. A curiosidade dos rapaces quedou satisfeita cando recibiron os agasallos institucionais, que consistiron en material escolar e lambetadas.

A visita ao Concello tivo lugar ás 10:00 horas no Salón de Plenos e estaba encadrada nun día de excursión por Lugo orientada a descubrir as cousas máis importantes da cidade, como a Muralla, a Casa dos Mosaicos, o centro histórico ou a Casa Consistorial.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova