Cargando....
Concello de Lugo
03/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Dous mozos resultan feridos graves e un leve nun accidente de circulación ó chocar o turismo contra un poste de formigón


# Mércores, 05/12/2007


Dous mozos de 18 e 20 anos resultaron feridos de gravidade e outro ferido leve nun accidente de circulación rexistrado ás 00.30 horas , do día 5, na pista de Bagueixos a uns 80 m. da N-VI. O accidente producíuse como consecuencia dunha saída de vía pola marxe dereita e choque contra un poste de formigón. Os tres mozos eran veciños de Lugo.
Os Bombeiros tiveron que excarcerar ós dous ocupantes do turismo que resultaron feridos de gravidade. D.G.C., de 20 anos, circulaba no asento do copiloto e J.M.F.P de 18 anos ocupaba o asento traseiro, foron atendidos no lugar por dúas ambulancias medicalizadas e posteriormente trasladados ó Hospital Xeral.
O condutor do turismo, M. B. V. de 21 anos, tamén veciño desta cidade resultou ferido leve. Os axentes de atestados de la Policía local trasladárono ó Hospital Xeral para facer as analíticas correspondentes para a detección de alcohol e doutras sustancias estupefacientes.
O condutor carece de permiso de conducción. O turismo matrícula LE5036AD é propiedade do copiloto.
O Equipo de atestados da Policía Local instrúe o correspondente atestado


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova