Red.es premia o impulso dado polo Concello de Lugo para achegar as novas tecnoloxías ós cidadáns
# Mércores, 05/12/2007
Supón un recoñecemento nacional ós proxectos de implantación da Sociedade da Información no ámbito local
O esforzo realizado polo Concello de Lugo para impulsar a implantación da Sociedade da Información na cidade acaba de obter o recoñecemento da entidade pública empresarial Red.es, dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Lugo foi selecionada por esta entidade xunto con outras cinco cidades (Segovia, San Sebastián, Getafe, Lleida e Candelaria) como exemplo de aplicación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos sociais e económicos.
A Concelleira de Servizos Xerais Luisa Zarzuela, afirmou que “este recoñecemento supón unha honra para a nosa cidade e que seguirá traballando, implicándose e desenvolvendo o achegamento das novas tecnoloxías a todos os cidadáns”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participará o 19 de decembro, nun almorzo informativo, organizado por un diario de tirada nacional, no que se abordarán as iniciativas que os concellos seleccionados estan desenvolvendo sobre o uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Neste debate intervirá tamén o Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, David Cierco.
Implantando as Novas TecnoloxíasEste galardón é unha mostra da calidade dos traballos realizados polo Concello no marco do Proxecto Lugo Dixital para a implantación da Sociedade da Información e que a cidadanía, empresas e institucións se beneficien da apliación de Novas Tecnoloxías que ten continuidade no Proxecto Cidade Singular. Ademáis, o Concello de Lugo lidera un proxecto de colaboración tecnolóxica con varios concellos da provincia (Castroverde, Guitiriz e Cervantes), Lugo
vanza, co fin de dar un paso cara a integración da Administración electrónica mediante a implantación do Sistema Integrado de Xestión Municipal (SIGEM).
Red.es
Red.es es un organismo encargado del impulso de desarrollo de la Sociedad de la Información mediante a execución de programas definidas no Plan Avanza para a converxencia con Europa e entre comunidades autónomas. Ademais analiza a Sociedada da Información a través do Observatorio das Telecomunicacións e ofrece asesoría e apoio específico á Administración Xeral do Estado.
Programas levados a cabo por Red.es:
* Fogar e inclusión de cidadáns: Inclusión de toda a poboación na Sociedade da Información para mellorar a calidade de vida e a participación cidadá, focalizando a actuación en colectivos en risco de exclusión.
* Educación na era dixital: Integrar as TIC na educación ofrecendo infraestruturas, contidos dixitais e servizos de formación á comunidade educativa.
* Servizos públicos dixitais: Máis e mellores servizos das Administracións Públicas para os cidadáns e as empresas.
* Contexto Dixital: Novas infraestruturas de banda ancha, mecanismos de seguridade que xeren confianza nas TIC e contidos dixitais.
Compartir: