Imprimir

O CONCELLO DE LUGO INVESTIU MÁIS DE TRES MILLÓNS DE EUROS NOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS NOS ÚLTIMOS OITO ANOS


7/12/2007 O Campo de Fútbol de O Polvorín estrea céspede artificial de última xeración

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou xunto á Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, ao Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e ao Concelleiro de Protección á Comunidade, o campo de fútbol municipal de O Polvorín tras o remate das obras de mellora executadas nestas instalacións deportivas durante os últimos tres meses.

O Concello de Lugo instalou céspede artificial ao igual que fixo anteriormente nos campos de A Cheda, Luis López Gorgoso e As Gándaras. Ademais, levaronse a cabo distintas obras de mellora das instalacións, como repintado, reparación do mobiliario e da urbanización da zona perimetral do campo, entre outras reformas.

As obras executáronse no prazo de tres meses e contaron cun orzamento de 460.000 euros en total, destinándose 400.000 euros para a instalación do céspede artificial de última xeración.

Desde o ano 2003, a Concellería de Deportes investiu un total de 660.000 euros na modernización deste campo de fútbol. A primeira inversión produciuse no ano 2003 coa construción dos bestiarios, para o que se destinaron 120.000 euros, e levaronse a cabo varias reformas por valor de 10.000 euros. No ano 2004, investíronse 70.000 euros, para a instalación dun novo sistema de iluminación que permitiu ampliar o horario das intalacións e facilitarlle aos usuarios a práctica do deporte en horas con pouca luz diurna.

Nos últimos oito anos, o Concello de Lugo leva investidos 3.350.000 euros en obras de reforma e mellora dos campos de fútbol municipais co fin de dotar á cidade de instalacións deportivas modernizadas e adaptadas ás necesidades dos deportistas.

OUTRAS INVERSIÓNS en CAMPOS de FÚTBOL

A CHEDA:
Dotación Céspede Artificial e alumeamento 600.000 euros
Remodelación bestiarios 30.000 euros
Nova Instalación de A.Q.S. 10.000 euros
Remodelación bestiarios de Fútbol-7 30.000 euros

LUIS LÓPEZ GORGOSO:
Dotación Céspede Artificial e alumeamento 600.000 euros
Construción bestiarios (En execución) 200.000 euros

GÁNDARAS:
CAMPO 2
Dotación Céspede Artificial e alumeamento 480.000 euros
Construcción bestiarios Novos 30.000 euros
Remodelación bestiarios Existentes 20.000 euros
CAMPO1
Dotación Céspede Artificial 420.000 euros
Nova Instalación de A.Q.S. 20.000 euros
Construción Locais para Clubs 30.000 euros

Neste campo levarase a cabo a instalación do novo alumeamento no ano 2008 para o que se destinará unha partida orzamentaria de 70.000 euros.

NADELA:
Remodelación de bestiarios 40.000 euros
Alumeamento 30.000 euros

CEAO
Construción do Campo de Adestramento con alumeamento e bancada 80.000 euros

TOTAL INVERSIÓNS en CAMPOS de FÚTBOL: 3.350.000 Euros