Imprimir

MÁIS DO 90% DOS LUCENSES CONSIDERA NECESARIO ADOPTAR MEDIDAS QUE MITIGUEN A PROLIFERACIÓN DA OBESIDADE


25/10/2007 Segundo a OMS é un dos principais problemas de saúde da poboación do primeiro mundo

A web municipal, aproveitando que o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) conmemorou o Día Mundial da Alimentación, realizou unha enquisa sobre medidas a adoptar para combatir a proliferación da obesidade nos países desenvoltos e que segundo a OMS é un dos principais problemas de saúde que afectan á poboación do primeiro mundo.

Segundo os resultados obtidos neste sondeo o 92,52% dos lucenses considera necesaria a adopción dalgunha medida que combata a proliferación desta epidemia.

A enquisa, que propuxo cinco opcións de resposta, obtivo os seguintes resultados:

-O 17,01 % dos participantes (con 65 votos) considera necesario ensinar hábitos nutricionais saudables e promover a práctica de exercicio físico desde a escola e centros de saúde.

-Para 47 internautas (12,30%) é preciso fomentar a elaboración de menús saudables en centros educativos e centros de traballo

-A medida de obrigar ás empresas alimentarias a reducir as graxas e aditivos nos produtos alimenticios foi apoiada polo 11,51% dos participantes (con 44 votos).

-Mentres, un total de 43 persoas (11,25%) valora como necesaria a regulación das campañas publicitarias de "comidas basura", en especial as dirixidas ao público infantil.

- A opción máis votada polos internautas foi “Todas as anteriores” co 40,57 %. Un total de 155 participantes considera necesaria a aplicación de todas as medidas mencionadas anteriormente para loitar contra a proliferación da obesidade.

- O 7,32 % (con 28) votos considera que non é necesario desenvolver ningunha iniciativa para paliar a incidencia da obesidade na poboación.

Nesta enquisa participaron 382 internautas e mantívose activa entre os días 15 e 25 de outubro.

Nova enquisa sobre o cambio climático

A web municipal realiza unha nova enquisa co fin de coñecer a opinión dos lucenses sobre o problema do cambio climático. Todos os que desexen participar poden facelo en www.lugo.es.