Cargando....
Concello de Lugo
25/09/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un convenio para a mellora dos servizos dixitais


# Luns, 22/10/2007
É un proxecto de cooperación tecnolóxica cos concellos de Castroverde, Guitiriz e Cervantes, co fin de dar un paso máis cara a integración da Administración Electrónica

Os avances da Tecnoloxía da Información e da Comunicación permiten optimizar o funcionamento interno das administracións locais e axilizar a comunicación co resto de administracións públicas. Esto facilita a obtención de importantes beneficios económicos e sociais.

Da mesma forma, o desenvolvemento tecnolóxico permite un maior contacto cos cidadáns e favorece a integración das zonas rurais e aisladas na corrente de desenvolvemento promovida polo uso das TIC. As administracións máis dinámicas e que mellor sepan aproveitar as oportunidades tecnolóxicas, constituiranse nos focos de atracción de recursos cos que desenvolver a economía local e mellorar as condicións de vida dos cidadáns.

En base a isto, o Concello de Lugo coordina un proxecto de cooperación tecnolóxica con varios concellos da provincia: Castroverde, Guitiriz y Cervantes, co fin de dar un paso máis hacia a integración da Administración Electrónica mediante a correcta implantación do Sistema Integrado de Xestión Municipal (SIXEM), iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio enmarcado dentro do Plan Avanza Local.

Para levar a cabo a correcta execución deste proxecto fírmouse esta mañá un Convenio de Colaboración entre os 4 concellos cooperantes, no que se determinan as actividades e tarefas de desenvolvemento e execución que corresponden a cada ente no marco do proxecto Lugoarrobavanza.

A base desta acción de desenvolvemento tecnolóxico deriva en que o Concello de Lugo desenvolva a implantación correcta dous módulos do Sistema, e transfira o soporte formativo, de asesoramento e mantemento tecnolóxico e de difusión ós municipios cos que desenvolve o proxecto.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, sinalou a importancia do convenio, “non só pola cuantía senon polo simbolismo de colaboración e cooperación entre concellos que supón”. Ademáis o Alcalde explicou que “o Concello de Lugo porá a disposición do Concello de Guitiríz, de Castroverde e de Cervantes, a súa experiencia no que se refire á modernización dos servizos públicos”.


Orzamento do proxecto

Para o desenvolvemento do proxecto cóntase cun orzamento de 187.670 euros. Esta partida servirá para levar a cabo as seguintes actuacións:

1. Implantación, por parte do Concello de Lugo, de SIXEM.

2. Implantación do módulo de Tramitación Electrónica nos demáis municipios participantes, como o primeiro paso hacia a integración total do SIXEM.

3. Adquisición e instalación da infraestructura hardware necesaria: servidores.

4. Desenvolvemento dun Plan de difusión e dinamización mediante a realización de tarefas de formación, asesoría técnica (mantemento, asesoramento) e difusión, por parte do Concello de Lugo, dirixidas a formar, sensibilizar e familiarizar ós cidadáns co uso das novas aplicacións telemáticas introducidas, non so entre os concellos participantes no proxecto, senon tamén mediante a difusión a outras entidades locais da provincia de Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova