Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un centenar de deportistas competirán no Campionato Galego Absoluto de Taekwondo que se celebrará en Lugo


# Xoves, 22/11/2007
As probas disputaranse este sábado, día 24 de novembro, a partir das 9:30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao representante de Begano en Lugo, Raúl Centelles García, a responsable do Ximnasio Sportsaúde de Lugo, Mª José Freire Ferreiro, e o responsable do club Taekwondo Vilalba Jansu, Juan Carlos Quintana, o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo que se celebrará en Lugo este sábado, 24 de novembro.

Un centenar de deportistas procedentes de Galicia disputarán as probas que servirán para clasificar aos reprentantes galegos para o vindeiro campionato nacional.

O Pabillón Municipal acollerá a competición que comezará a partir das 9:30 horas.

O edil amosou a súa satisfacción “polo feito de que Lugo fora elexida para acoller este campionato e espero que sirva para recuperar a práctica desta arte marcial que gozou de gran tradición na cidade fai uns anos” explicou Díaz Grandío.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova