Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e o baloncesto feminino ríndenlle unha homenaxe ás mulleres vítimas da violencia de xénero


# Xoves, 22/11/2007
O encontro entre o Durán Maquinaria Ensino e o Universitario de Ferrol estará dedicado ao Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a presidenta de Durán Maquinaria Ensino, Alejandra Alonso, e a adestradora do equipo, Julia Pena, presentaron o partido dedicado ao Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero.

Este encontro, que corresponde á sétima xornada da Liga Femenina 2 de Grupo A e xogarán o Durán Maquinaria Ensino e o Universitario de Ferrol, servirá para rendir unha homenaxe a todas as mulleres e fillos que sofren a violencia machista e implicar ao mundo do deporte na loita pola erradicación deste grave problema que xa se cobrou a vida de 87 mulleres e 4 nenos no que vai de ano.

Carmen Basadre lembrou que este ano as Xornadas sobre Violencia de Xénero que organiza o Concello de Lugo céntranse nos nenos e nenas que conviven co maltrato e destacou que “nunha porcentaxe moi alta estes nenos acaban convertíndose en maltratadores e maltratadas e carecen dun desenvolvemento afectivo sano polo que hai que atallar con urxencia este mal social porque consentidoo non facemos outra cousa que perpetualo nas xeracións futuras”.

A concelleira agradeceu a implicación do Durán Maquinaria Ensino nesta loita “porque actos como esta homenaxe conciencian á sociedade e implican a todos os sectores, e teñen que servir para dar voz a todas estas vítimas”.

O partido terá lugar este sábado, 24 de novembro, a partir das 19:00 horas no Pazo Universitario dos Deportes. As xogadoras, as autoridades e os espectadores dedicarán un minuto de silencio a todas as vítimas de violencia de xénero antes de que comece o encontro.

O Concello de Lugo e o Durán Maquinaria Ensino poñerán á venda as chapas deseñadas pola Concellería de Muller para a campaña de concienciación social “Non sexas un macho… sé un home”. Cada bolsa custará o prezo simbólico de 1 euro e, ademais, venderanse 1.500 camisetas coa mensaxe “Non estás soa” e todos os cartos recadados serán destinados á Casa da Muller.

Tanto Alejandra Alonso como Carmen Basadre solicitaron a colaboración dos lucenses e pediron á xente que asista a este encontro para apoiar esta loita, pois é precisa a implicación de toda a sociedade para erradicar á violencia de xénero.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova