Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe á Corporación de Ferrol no día dedicado a esta cidade


# Xoves, 11/10/2007
Asisitiu como convidado de horna o triatleta Javier Gómez Noya

O Alcalde de Lugo, José López Orozco reicibiu no Concello, como xa e tradicional, à corporación do Concello de Ferrol coincidindo coa celebración do día dedicado a esta vila dentro do San Froilán.

Visitaron a cidade numerosos integrantes do goberno municipal, entre os que se atopaba o Alcalde, Vicente Irisarri Castro e a 1ª tenente de Alcalde, Yolanda Díaz Pérez.

O Alcalde de Lugo deulles a benvida e agradeceu a presenza xa tradicional de numerosos ferroláns que se achegan ata Lugo no día da súa cidade.

Tamén aproveitou para recoñecer a valía do triatleta Javier Gómez Noya, campión do Mundo na súa modalidade “leva os nomes de Lugo, Ferrol e Galicia por todo o mundo e segue a ser o mesmo, unha gran persoa”.

O Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, pola súa banda, dixo estar emocionado por representar por primeira vez o concello ferrolàn como mandatario.

Deulle ademais a noraboa ó goberno local pola iniciativa levada a cabo a semana pasada de irmanar a Muralla Romana de Lugo coa Gran Muralla China. Destacou a etapa de “rexurdimento” de ambas cidades. Rematou dando as grazas a todas e todos os presentes “quero que saibades que, como irmáns que somos, estades sempre na nosa mente e no noso corazón”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova