Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As Concelleiras de Lugo colaboran cun libro de apoio á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres


# Mércores, 10/10/2007
O Concello de Lugo é o único Goberno Local que terá presencia na publicación

As Concelleiras de Lugo sairán xunto oitenta diputadas e senadoras no libro Te lo diré mil veces…somos iguales. A publicación partiu do socio transnacional de Lugo Social Rayando la igualdad do Concello de Trabanca (Salamanca) dentro da Iniciativa Comunitaria Equal. A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, participarán nesta iniciativa a favor da igualdade na que o Concello de Lugo é a única administración local que participa.

O Proxecto Rayando la igualdad promoveu unha campaña de apoio á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a través da publicación deste libro que recolle as fotografías individuais de mil mulleres, entre as que estarán as das edilas lucenses . A imaxe destas mulleres aparece cun pé de foto escrito por elas mesmas e relacionado coa igualdade.

Editaranse un total de 5.000 exemplares da obra que serán distribuidos entre os responsables do Goberno e das Comunidades Autónomas, así como a queles homes que elixan as mulleres fotografiadas.

O prólogo da desta publicación social estará escrito polo Presidente do Gobierno, José Luís Rodríguez Zapatero.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova