Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo levará ó Pleno o Memorando de irmanamento entre as Murallas lucense e chinesa


# Luns, 08/10/2007
O Goberno local entregou o documento ós grupos da oposición para que o coñezan

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo chegar ós grupos da oposición o Memorando de Entendemento entre o Concello de Lugo e a Sociedade Gran Muralla China, para que o coñezan antes de levalo ó Pleno como unha proposta de Alcaldía.

José López Orozco, quere que toda a cidadanía, e por iso o pleno ó completo, participe desta distinción que oficializou o Embaixador de China en España, Qiu Xiaoqui, na súa visita á cidade o pasado 7 de outubro. Este irmanamento, que espertou a curiosidade en toda España, axudará á internacionalización do monumento máis emblemático da cidade, a única muralla romana que se conserva completa no territorio español.

Este documento foi enviado ó Embaixador de España en China, Carlos Blasco Villa, e de China en España, Qiu Xiaoqui, para que dende alí siga os trámites burocráticos necesarios en todo irmanamento, como o levado a cabo entre a Muralla Romana de Lugo e a Gran Muralla China.

O Memorando recolle a importancia destes dous monumentos Patrimonio da Humanidade e o compromiso oficial de protección e conservación dos mesmos.

O documento, dirixido dende o Concello de Lugo á Sociedade da Gran Muralla China, que é a que selecciona e xestiona os irmanamentos con esta marabilla da humanidade, destaca o “sobresaínte valor universal” de ambos monumentos.

Tamén explica o valor simbólico da unión destas dúas murallas construídas cunha finalidade defensiva e que hoxe se converten “en lazos de unión entre China e España, entre China e Lugo”.

No memorando ambas partes acordan intercambiar puntos de vista para desenvolver o turismo, para coñecer as experiencias na protección dos Patrimonios mundiais e tamén para cooperar no desenvolvemento sostible dos dous Patrimonios Universais.

Este irmanamento supón que a Muralla Romana de Lugo pase a formar parte dunha lista selecta de monumentos irmanados coa Gran Muralla China. Na actualidade só as Cataratas de Iguazú, os fiordos de Noruega e as pirámides de Exipto teñen este privilexio.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova