Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O material escolar e a vestimenta supoñen os principais gastos das familias lucenses co inicio do curso


# Martes, 02/10/2007


Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello de Lugo a través da páxina web municipal, para coñecer cales son os principais gastos que teñen que afrontar as familias lucenses co inicio do curso escolar, sinalan que o material escolar e a vestimenta lévanse a maior parte dos presupostos.

Os resultados da enquisa quedaron moi axustados entre as dúas opcións máis votadas, pois, para o 31,78 % (con 185 votos) dos participantes os libros e o material escolar supoñen o principal gasto. Mentres, o 31,09 % (con 181 votos) respondeu que é na roupa, o calzado e os uniformes onde máis ten que gastar co inicio das clases dos pequenos.

Entre as tres opcións restantes propostas na enquisa, os resultados quedaron do seguinte xeito:

- Para un total de 97 lucenses, que supoñen o 16,66% dos participantes, son as matrículas nos centros educativos o investimento máis importante do comezo do curso.

- De seguido, 65 persoas, co 11,74 % dos votos, elixiron a opción das actividades extraescolares.

- A opción menos seleccionada, con 54 seguidores, é a de “outros gastos”, que acumulou o 9,27% do total.

Nesta enquisa participaron 582 internautas e recibiu tres opinións. A web municipal, propón unha nova cuestión sobre os motivos que fan do San Froilán a festa máis popular e populosa de Galicia.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova