Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto do 50% dos lucenses está satisfeito coas compras que realizou nas rebaixas de verán


# Venres, 07/09/2007


Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, www.lugo.es, para coñecer o grao de satisfacción dos lucenses coas compras realizadas durante esta tempada de rebaixas, sinalan que o 47,77% dos lucenses están satisfeitos.

Os resultados da enquisa quedaron moi axustados entre as dúas opcións máis votadas, pois, o 23,93% (con 286 votos) quedaron contentos porque só mercaron cousas que necesitaban, mentres o 23,84% dos participantes (con 285 votos) responderon que están moi satisfeitos porque atoparon auténticas gangas.

Entre as tres opcións restantes propostas na enquisa, os resultados quedaron do seguinte xeito:

- Un total de 239 lucenses, que supoñen o 20% dos participantes, está pouco satisfeito porque se arrepentiu de certas compras realizadas.

- De seguido, 212 persoas, co 17,74 % dos votos, non están satisfeitos coas rebaixas porque non atoparon nada que lles gustara.

- A opción menos seleccionada, con 173 seguidores, é a de “nunca merco nas rebaixas”, que acumulou o 14,47% do total.

Nesta enquisa participaron 1.195 internautas e mantívose activa entre o 27 de agosto e o 7 de setembro deste ano. A web municipal, www.lugo.es, propón unha nova cuestión sobre os gastos que teñen que afrontar os lucenses con motivo do inicio do curso escolar.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova