Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis do 60% dos lucenses adopta algunha medida de precaución antes de viaxar co seu vehículo por estrada


# Luns, 27/08/2007


Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, www.lugo.es, para coñecer as medidas de precaución que adoptan os lucenses antes de saír de viaxe co seu vehículo por estrada, sinalan que máis do 60% acostuma tomar algunha.

O 35,49% dos participantes (con 164 votos) na enquisa responderon que non adoptan ningunha medida de precaución antes de sair de viaxe co seu vehículo, fronte ao 64,83% dos usuarios da web que votaron as opcións restantes.

A segunda opción máis votada, co 26,68% dos internautas foi a de “Facer unha revisión mecánica do vehículo”, con 123 votos.

Entre as tres opcións restantes propostas na enquisa, os resultados quedaron do seguinte xeito:
- Un total de 81 lucenses preparan a ruta a seguir con antelación e supoñen o 17,53% dos participantes;
- De seguido, 52 persoas programan a saída da viaxe para horas con menor intensidade de tráfico, cun 11,53 % dos votos.
- A opción menos seleccionada, con 42 seguidores, é a de descansar ben a noite anterior, que acumulou o 9,09% do total.

Nesta enquisa participaron 462 internautas e mantívose activa entre o 1 e o 27 de agosto deste ano. A web municipal, www.lugo.es, propón unha nova cuestión sobre o grao de satisfacción dos lucenses coas compras que realizaron nesta tempada de rebaixas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova