Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Corporación asistirá aos actos conmemorativos das festividades da Nosa Señora e San Roque


# Martes, 14/08/2007


A Corporación Municipal de Lugo, presidida polo Alcalde, José López Orozco, participará no programa de actos conmemorativos das festividades da Nosa Señora e San Roque, que se celebrarán este mércores, día 15, e o xoves, día 16 de agosto, respectivamente.

Os membros da Corporación asistirán o mércores á misa que terá lugar na Catedral, a partir das once da mañá. A comitiva oficial partirá da Casa Consistorial ás 10.50 horas, acompañados da Garda de Gala e da Banda de Música.

Despois de escoitar a misa no Coro da Catedral, a Corporación traladarase á Sacristía e, a continuación, rezarán a Salve no Altar da Virxe dos Ollos Grandes.

O xoves, día de San Roque, a Corporación asistirá á misa que se celebrará por tal motivo na Capela de San Roque, situada na rúa do mesmo nome, ás 12.30 horas da mañá. Os membros da Corporación acudirán á misa en formación e partirán ás 12:20 horas, desde o Concello acompañados pola Banda de Música e a Garda de Gala.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova