Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As visitas á páxina web municipal aumentaron nun 180% neste ano


# Mércores, 08/08/2007
Un total de 791.309 internautas consultaron a web de Lugo

Os apartados máis visitados son Concello e Turismo

Rexistra visitas internacionais desde países como Xapón, Hungría e Estados Unidos, entre outros


As visitas á páxina web municipal aumentaron nun 180% no primeiro semestre deste ano. O sitio web rexistrou 638.305 visitas nos primeiros seis meses de 2007, que sinalan o espectacular crecemento experimentado con respecto ao mesmo periodo do ano anterior, durante o que se contabilizaron 353.754 visitas, ou fronte ás 150.000 rexistradas en 2005. Estes datos amosan que o número de internautas que usan a web municipal crece ano tras ano de xeito notable. A estas cifras hai que sumarlle as visitas ás páxinas especiais da web, que acadan 153.004 usuarios, polo que o rexistro total de visitas a páxina ascende a 791.309.

A web de Lugo rexistra unha media de 106.384 visitas ao mes, sendo xuño, con 135.571, e marzo, con 114.679, nos que se produxeron máis visitas. No primeiro semestre do ano, o promedio diario de usuarios sitúase en 3.526, e case duplica aos 1.954 do ano pasado.

As páxinas especiais que despertan máis interese entre os internautas son as de: Arde Lucus, que recibiu 28.369 visitas, das que 12.845 rexistráronse no mes de xuño; Foeminas (con 26.350 visitas); Servizo Municipal de Prevención de Drogas (con 24.513 visitas); e Deportes (con 19.367 visitas).

O blog de José López Orozco recibiu 40.227 visitas, rexistrando unha media mensual de 7.623, sendo o mes de xuño o que máis usuarios contou, con 9.339.

Os apartados da web que rexistran máis consultas son Concello e Turismo; e, por concellerías, as máis visitadas son Cultura e Turismo (con 120.048 visitas); Muller e Benestar Social (con 91.492 visitas); Deportes (con 63.810 visitas); e Educación (con 50.770 visitas).

Os internautas realizaron 4.719.229 cargas das distintas seccións e botóns cos que conta a web. Nas mesmas datas do ano pasado rexistráronse 1.805.715 cargas. Este espectacular crecemento indica que os visitantes navegan pola web municipal e visitan os distintos apartados.

Os usuarios da web descargaron 179.902 documentos entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2007. O número de descargas realizadas durante o mesmo periodo de 2006 foi de 113.614, o que supón un aumento de 66.288. Entre a documentación máis descargada figuran: os programas das actividades culturais organizadas polo Concello de Lugo, como o Festival de Música Clásica Cidade de Lugo, XXXV Semana do Corpus; os folletos turísticos de Lugo; as bases da contratación do Centro Social Entrecarrís; e as bases do concurso do cartel de San Froilán, entre outros.

Ainda que maioría das visitas do sitio web proceden de España, as estatísticas sinalan que recibe un importante número de consultas internacionais, as cales supoñen o 6’8% das visitas totais. Internautas de países europeos como Italia, Francia, Portugal, Hungría, Reino Unido, Suiza ou Bélxica realizaron 4.858 visitas. Desde países de Sudamérica, como Arxentina, México, Brasil, Perú ou Chile, producíronse 5.592 consultas. Procedentes de Estados Unidos rexistráronse 1.435 visitas. A web municipal tamén recibiu visitas de Xapón, Canadá e China.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova