Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adxudica as obras no Polideportivo da Ponte para axilizar as obras nos centros educativos


# Xoves, 02/08/2007
As tarefas de reformas estanse a desenvolver aproveitando o parón vacacional

A Xunta de Goberno Local celebrou esta mañá unha sesión extraordinaria na que se aprobaron os dous puntos da orde do día co fin de axilizar a execución de dous proxectos municipais.

En primeiro lugar, aprobouse a adxudicación das obras de arranxo da cuberta metálica do polideportivo do CEIP da Ponte á empresa Indumet Sistemas Construtivos, S.L.

O orzamento ascende ata 57.371 euros e ten un prazo de execución de dous meses. Esta obra está integrada no programa de obras de reforma e acondicionamento dos centros educativos municipais desenvolto pola Concellería de Educación aproveitando o parón vacacional.

Doutra banda, acordouse a modificación do importe total da subvención a solicitar á Consellería de Traballo para a creación da escola obradoiro “Escola Solidaria” destinada á formación práctica de 26 mozos e mozas en oficios de albanelería, carpintería e alicatado.

Estes alumnos levarán a cabo a recuperación da antiga escola de San Pedro de Mera para crear nela un espazo para a realización de actividades sociais e culturais.

A modificación do importe aprobado consiste no reaxuste do cálculo das bases da seguridade social dos alumnos, que por un erro involuntario excedía en 1.844 euros; con esta minoración, o importe definitivo da subvención a solicitar será de 489.137,74 euros e servirá para cubrir os gastos de persoal, funcionamento e xestión.

O Concello, a través da Oficina de Desenvolvemento Local, aportará 12.000 euros á financiación deste proxecto que contará cun orzamento total de 501.137,74 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova