Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe aos membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Vizcaia


# Luns, 30/07/2007
Cincuenta socios finalizaron na Casa Consistorial a súa peregrinaxe polo Camiño Primitivo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde, ás 18:00 horas, a un numeroso grupo de socios da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Vizcaia que chegaron á cidade tras unha peregrinaxe de tres días.

Uns cincuenta socios finalizaron na Casa Consistorial a etapa do Camiño Primitivo que iniciaron o pasado sábado, día 28, na localidade asturiana de Grandas de Salime. Os peregrinos partiron esta mañá, ás 9:00 horas, desde O Cádavo coa intención de rematar a súa peregrinación entregándolle ao Alcalde de Lugo unha placa conmemorativa da súa asociación como lembranza desta viaxe.

José López Orozco felicitounos polo esforzo realizado e agradeceulles o seu agasallo á vez que lle entregou á Presidenta da asociación unha reprodución da Mosqueira e pins da Muralla. O mandatario municipal comentou que “facer o Camiño é unha experiencia vital moi especial e co tempo acaba convertíndose nunha lembranza imborrable” e añadiu que “é necesario poñer en valor o Camiño Primitivo e equiparalo ao mesmo nivel que o Camiño Francés, coa colaboración indispensable da Xunta de Galicia”.

Esta asociación conta con máis de 400 socios de todas as idades e realizan unha media de catro excursións anuais, aproveitando días festivos, polas distintas rutas do Camiño de Santiago.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova