Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os lucenses aproban a nova axuda estatal de 2.500 euros por fillo nacido


# Venres, 20/07/2007


Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, www.lugo.es, para coñecer a opinión dos lucenses sobre a nova axuda estatal de 2.500 euros por fillo nacido, sinalan que os lucenses aproban a medida promovida polo goberno.

O 52,40% dos participantes, con 218 votos, responderon á pregunta “Que opina da axuda estatal de 2.500 euros por fillo nacido?” que lles parecía moi ben porque é necesaria. Mentres, 147 lucenses, co 36,53% do total, opinan que non é suficiente.

Un total de 38 participantes, co 9,13%, consideran que non é necesaria; e o 1,92%, con 8 votos, seleccionaron a opción de “Non teño opinión”.

Nesta enquisa participaron 416 internautas e mantivose activa entre o 6 e o 20 de xullo deste ano. Ademais, recibiu a opinión de oito lucenses que coinciden, na súa maioría, en que esta medida é moi positiva, pero debería acompañarse doutras accións complementarias que favorezcan a conciliación da vida laboral coa familiar.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova