Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os Alcaldes de Lugo e A Coruña afianzan os lazos de amizade entre as dúas cidades


# Luns, 18/06/2007


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Alcalde de A Coruña, Javier Losada, afianzaron os lazos de amizade e colaboración que existen entre as dúas cidades no acto de firma no Libro de Ouro da Cidade.

O acto tivo lugar no despacho de Alcaldía tras rematar a celebración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísismo Sacramento. No encontro estiveron presentes os representantes de Betanzos, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui, as restantes cidades do Antigo Reino de Galicia.


Javier Losada asinou no Libro de Ouro o seguinte texto:
“ Con motivo de mi primera visita a la ciudad de Lugo como Delegado regio primero trasladar el cariño y el afecto de los coruñeses y coruñesas a todos los lucenses. Con el deseo de seguir avanzando en los lazos que tradicionalmente han unido a nuestras ciudades.

Le deseo a la nueva Corporación todos los éxitos pues serán los de toda la ciudadanía y, por ende los de toda Galicia.”

Despois da sinatura, os Alcaldes intercambiaron sendos agasallos institucionais. José lópez Orozco recibiu en nome de todos os lucenses unha escultura de bronce de María Pita, símbolo da cidade coruñesa, e lle entregou a Javier Losada unha placa conmemorativa.


O Alcalde de Lugo, agradeceu ao mandatario coruñés a súa presenza no acto e confirmou “as boas relacións que desde sempre mantiveron as dúas cidades e son estos acontecementos os que serven para afianzar a amizade e a colaboración entre as vilas galegas, polo que desexo que esta tradición perdura no tempo”.

Ambos Alcaldes desexáronse sorte nos seus recén estreados mandatos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova