Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 3.000 persoas están subscritas ás diferentes canles informativas do Concello


# Xoves, 07/06/2007
Os lucenses poden darse de alta nos servizos de SMS, nas listas de correo e na axenda cultural

Máis de tres mil persoas están subscritas aos diferentes canles de información que puxo en marcha o Concello de Lugo nestes últimos dous anos.

Así, un total de 898 reciben información diaria sobre a actividade cultural que se desenvolve en Lugo. A Axenda Cultural, que tamén pode consultarse na web municipal, www.lugo.es, recibe as aportacións dos diferentes organismos culturais de Lugo e recíbese diariamente nos correos electrónicos de 898 persoas, 146 delas dadas de alta a nivel particular. O resto pertencen a asociacións, hoteis, centros de ensino e outros grupos.

Este sistema informativo comezou a funcionar no mes de marzo deste ano e foi adquirindo novos usuarios durante este periodo.

Ademais, o Concello conta tamén cun sistema de envío de listas de correo, que se fai a través da web municipal. Existen un total de 809 receptores de diferentes categorías, en especial de prensa galega e nacional.

Os temas de máis interese neste envío de listas son os plenos e xuntas de goberno local e tamén o aspecto cultural.

Existe tamén un sistema de envío de SMS gratuíto, que leva o nome de “O Concello no teu móbil”. Actulamente están suscritas 1.442 persoas. O 010, que é o organismo encargado da xestión deste servizo, envía unha media de 800 mensaxes diarios, xa que os usuarios están suscritos por categorías.

Os cursos, o emprego público, os concertos e as actividades culturais son as que teñen máis demanda informativa, con máis de mil persoas inscritas en cada un.

As actividades de xuventude, as de educación e o teatro son tamén das máis solicitadas por este servizo de recordatorio rápido.

Ademais destas vías directas de información, o Concello ofrece información continuamente da súa xestión e das actividades que se realizan a través da web municipal, www.lugo.es e do teléfono de atención 010.

As operadoras do servizo 010 atenderon no que vai de ano un total de 11.726 chamadas telefónicas e contestaron 141 faxes e 1.446 correos electrónicos, o que supón un incremento importante respecto ao ano pasado en 1.963 chamadas, 89 faxes e 40 mails.

Ademais de utilizar este sevizo para obter información, moitos cidadán buscan orientación e axuda para ser atendidos noutros organismos como a Xunta de Galicia.

Ademais, mantense un aumento vertiginoso de usuarios da web municipal, cun promedio diario de 3.315 visitas, o dobre que o mesmo periodo do ano pasado.

En todos estes servizos os cidadáns poden darse de alta en calquera momento.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova