Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde manterá o encontro dixital deste mes no Centro Social de Fingoi


# Mércores, 30/05/2007
Será o xoves, ás sete da tarde

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, continuará mañá, xoves, co seu encontro dixital de todos os meses cos internautas. Nesta ocasión, estará no Centro Social de Fingoi, acompañando aos participantes no programa Conéctate en Lugo.

O chat co Alcalde de Lugo vense celebrando de xeito continuado dende febreiro do 2005.

Como sempre, os internautas disporán dunha hora para plantexar ao Alcalde todas as preguntas que crean convintes, que López Orozco responderá por orde de entrada. Para participar neste foro unicamente é necesario entrar a través da web municipal, e formular a pregunta pertinente.

O Alcalde anima a todos a achegarse a esta fórmula de contacto directo, para plantexar aquelas cuestións que desexen sobre calquera tema que consideren de interés, así como a facerlle chegar as súas queixas e propostas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova