Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aumentan as visitas á web un 75% e se multiplica por 2,5 o tempo empregado nas consultas


# Domingo, 27/05/2007
Incorporou un apartado de imaxes de Lugo e a solicitude de intérprete de linguaxe de signos, entre outras novidades

A web municipal, recibiu no que vai de ano un total de 464.068 visitas, 198.541 máis que o ano pasado nas mesmas datas, o que supón un crecemento de preto do 75%. Estes datos demostran que a web é cada vez máis coñecida e utilizada para informarse sobre a actualidade e as actividades que se levan a cabo dende o Concello.

Dende a súa creación, a páxina tivo un cremento en número de visitas duplicando ou triplicando ano a ano. O Crecemento máis importante tivo lugar durante o ano pasado. Este cremento está condicionado tamén polo feito de que a vweb continuamente vai sumando páxinas especiais e información máis completa. De feito, as visitas ás páxinas especiais ás que se pode acceder dende www.lugo.es aumentaron tamén en número e en visitantes. Nestes primeiros catro meses foron 101.047 entre as dez existentes, que se suman ás 464.068 visitas á páxina central (565.115).

A páxina que acaparou un maior número de visitantes foi o blog do alcalde, con 27.276 neste período. A de prevención de drogas tivo 19.358 visitas, a revista Foeminas 17.113, as de deportes 15.008 e o Arde Lucus 11.263, e eso que aínda non se presentara o programa e a páxina non estivo en portada até a última semana.

Respecto á comparativa dos meses, mantense unha media que ronda as 110.00 visitas ao mes, sendo marzo o mes de máis visitas, con 135.000.

No apartado de destacados máis pinchados, destaca con diferencia o blog, con 7.015 cliks, seguido do Corre con Nós, que tivo 2.426 cliks. Superando os mil están tamén o rueiro, os cadernos cidadáns e a programación do Corpus.

MÁIS TEMPO

Segundo as estatísticas, as páxina non só aumenta en numero de visitas senón que os usuarios cada vez pasan máis tempo na web e visitan máis apartados. De feito, rexistráronse 3.549.486 cargas de páxinas neste periodo, mentres que no mesmo tempo do ano pasado foron 1.388.689, o que significou que se multiplicaron por máis de 2,5.

Os documentos máis descargados foron o Corpus (con 1.681). Con máis de mil destacan o de Lugo Termal, o Plan de Excelencia Turística e a Contratación do Centro Social de Entrecarrís.

A web municipal aumentou nas últimas semanas os seus servizos con apartados como “Ollada a Lugo”, que fai un percorrido en imaxes polos puntos máis fermosos da cidade. Ademais implantouse o sistema de solicitude de intérprete de linguaxe de signos e o de atención aos beneficiarios da lei de dependencia.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova