Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a funcionar a fonte do Leóns na glorieta da praza de Avilés


# Venres, 25/05/2007


Hoxe, venres, comezou a funcionar a histórica fonte dos Leóns, instalada na praza de Avilés tras o proceso de recuperación realizado nos últimos meses polo Concello de Lugo.

Esta fonte funcionará dende esta tarde todos os días de once da mañá a doce da noite. Conta cun alumeado e un circuíto pechado de auga, que lle aporta un toque de modernidade que se conxuga co deseño orixinal.

As obras, que tiveron un orzamento superior aos 220.000 euros, deron comezo no mes de xaneiro e contemplaron a instalación do conxunto monumental recuperado sobre unha glorieta de 14 metros de diámetro. A fonte ten 8,6 metros, polo que está rodeada dunha ladeira de terra de 30 centímetros de ancho.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova