Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Aprobado o proxecto para a gardería da Piringalla


# Mércores, 23/05/2007
Edificarase na rúa das Fontes con capacidade para 59 pequenos e un orzamento de 417.000 euros

A Xunta de Goberno Local de hoxe aprobou o proxecto de construcción da nova gardería da Piringalla, que se situará na rúa das Fontes, no terreo de 2.100 metros cadrados que posúe o Concello. De feito, equipo de goberno conta xa cunha reserva económica para hacer fronte á contratación de forma inmediata, en especial porque esperan contar cunha aportación económica de Vicepresidenza.

Así o anuncou hoxe o Alcalde, José López Orozco, quen adiantou o contido deste proxecto construtivo que contará con 560 metros cadrados de edificiación rodeados de zonas verdes apropiadas para o xogo. O orzamento é de 417.000 euros e o prazo de execución de 12 meses.

Distribuídos na mesma planta, a escola conta con catro aulas cos seus respectivos aseos, unha sala de usos múltiples, un comedor con cociña e despensa, servizos para adultos e patio cuberto con zona de aparcamento para cochecitos, ademais da conseguinte zona de administración e dirección.

Esta escola foi proxectada en tres corpos, un central de dúas plantas con outros accesos laterais con entrada para usuarios dende as dúas rúas ás que ten fronte.

As dúas particularidades deste proxecto no interior é a utilización de cores chamativos en paredes e teito, diferentes para cada idade, e tamén o chan irradiante cun pavimento continuo e de seguridade, para fomentar o uso por parte dos pequenos que aínda non camiñan.

As aulas están orientadas ao mediodía e na construcción figura unha especial atención ao aislamento acústico e a diferencia entre zonas de luz e de sombra.

Esta gardería ou escola infantil terá unha capacidade para 59 pequenos de 0 a 3 anos, divididos en catro grupos de idade dende os tres até os 36 meses.

A educación será impartida por especialistas en xardín de infancia, mestres coa especialidade de Educación Infantil e outros profesionais coa debida cualificación. A escola atenderá aos nenos nun amplo horario para cubrir as necesidades laborais dos pais e nais dende a mañá até a tarde.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova