Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os traballadores do Concello celebran a festividade da súa patrona, Santa Rita


# Luns, 21/05/2007
Por motivo desta celebración, as instalacións municipais permanecerán pechadas este martes

Os traballadores do Concello de Lugo celebran este martes a festividade da patrona dos funcionarios da administración local, Santa Rita. Por este motivo, as oficinas e instalacións municipais permanecerán pechadas mañá, día 22 de maio.

O Alcalde, José López Orozco, participará xunto a outros membros da Corporación Municipal no tradicional xantar de confraternización entre os traballadores municipais, que terá lugar a partir das 14:45 horas no restaurante Jorge I.

A Xunta de Persoal do Concello organiza un programa de actividades de ocio, como un campionato de tute ou torneos de xadrez e parchís, nos que participarán todos os funcionarios e persoal laboral que o desexe. A programación comezará ás 12:30 horas no Pavillón Municipal da Duquesa, cun encontro de fútbol sala que enfrontará a traballadores do Concello cos da Xunta de Galicia.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova