Imprimir

OS TRABALLADORES DO CONCELLO CELEBRAN A FESTIVIDADE DA SÚA PATRONA, SANTA RITA


21/5/2007 Por motivo desta celebración, as instalacións municipais permanecerán pechadas este martes

Os traballadores do Concello de Lugo celebran este martes a festividade da patrona dos funcionarios da administración local, Santa Rita. Por este motivo, as oficinas e instalacións municipais permanecerán pechadas mañá, día 22 de maio.

O Alcalde, José López Orozco, participará xunto a outros membros da Corporación Municipal no tradicional xantar de confraternización entre os traballadores municipais, que terá lugar a partir das 14:45 horas no restaurante Jorge I.

A Xunta de Persoal do Concello organiza un programa de actividades de ocio, como un campionato de tute ou torneos de xadrez e parchís, nos que participarán todos os funcionarios e persoal laboral que o desexe. A programación comezará ás 12:30 horas no Pavillón Municipal da Duquesa, cun encontro de fútbol sala que enfrontará a traballadores do Concello cos da Xunta de Galicia.