Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A lectura dun manifesto pon voz á concentración cidadá contra a droga


# Venres, 04/05/2007
A concentración tivo lugar ás 12 horas diante do Concello

O Alcalde, José López Orozco, e varios membros da Corporación Municipal acompañaron aos cidadás que asistiron á concentración contra á droga e narcotráfico, que tivo lugar ás 12:00 horas diante da Casa Consitorial.

Un representante do Proxecto Home leu un manifesto de condena ao narcotráfico e ás bandas criminais que se enriquecen coa droga. O Alcalde afirmou a necesidade de implicar a todos os cidadáns nesta loita contra un dos grandes males da sociedade contemporánea, intoxicada por bandas criminais que se enriquecen co alto prezo da vida de moitos mozos.

Este acto estivo integrado dentro da campaña “Panos brancos contra a droga” organizada polos concellos galegos en colaboración coa Federación Galega contra a Droga.

As convocatorias concentraron cidadáns de toda Galicia a participar nos actos organizados contra a droga. Esta campaña é unha condena que emprega como símbolo deste rexeitamento colectivo panos e bandeiras brancos.

Promovida e organizada pola FGCN en colaboración con colectivos sociais, entidades e institucións representantes de toda a sociedade galega, a campaña desenvolverase a través de diferentes actos públicos ao longo dunha semana e de varias accións de concienciación nos centros educativos de Galicia.

A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención hacia o colectivo de nenos e mozos, os grupos máis vulnerables fronte a este problema.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova