Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os concellos de toda Galicia convocan aos cidadáns a concentrase en contra da droga


# Xoves, 03/05/2007
A concentración en Lugo terá lugar ás 12:00 horas deste venres diante do Concello

Os concellos galegos en colaboración coa Federación Galega contra a Droga convocan a toda a cidadanía a participar nos actos organizados contra a droga en toda Galicia. A concentración en Lugo terá lugar ás 12:00 horas diante da Casa Consitorial.

A campaña presentada baixo o lema “Panos brancos contra a droga” é unha condena ao narcotráfico e ás bandas criminais que se enriquecen coa droga. Como símbolo deste rexeitamento colectivo, empréganse panos e bandeiras brancos.

Promovida e organizada pola FGCN en colaboración con colectivos sociais, entidades e institucións representantes de toda a sociedade galega, a campaña desenvolverase a través de diferentes actos públicos ao longo dunha semana e de varias accións de concienciación nos centros educativos de Galicia.

A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención cara os nenos e mozos, os grupos máis vulnerables fronte este problema.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova