Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Boimorto visita o Concello acompañado por un grupo de xubilados


# Xoves, 03/05/2007
A recepción, presidida polo Concelleiro de Urbanismo, tivo lugar ás 13:30 horas

O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu esta mañá, ás 13:30 horas, ao Alcalde de Boimorto, Ignacio Portos, que acudiu acompañado dun numeroso grupo de xubilados a visitar a nosa cidade.

O edil animou aos 76 pensionistas a gozar dun bo día na cidade de Lugo, na que se atopan de excursión, e a aproveitar ao máximo os encantos turísticos que lles ofrece. O alcalde coruñés apuntou que tiñan previsto visitar a Catedral e dar un paseo pola Muralla, despois de percorrer o centro histórico.

O concelleiro oficiou de guía nun percorrido pola Casa Consistorial onde lles amosou o escudo municipal e a exposición “As raíces ao vento”. Na despedida, Gómez Besteiro bromeu comentando que “saberán o que é comer despois de xantar en Lugo”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova