Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Realizado o sorteo para a formación das mesas electorais das eleccións municipais


# Mércores, 02/05/2007


O Salón de Plenos acolleu esta mañá o sorteo público para a formación das mesas electorais para as eleccións municipais do 27 de maio.

Este sorteo realizouse entre os 80.969 lucenses maiores de idade inscritos no censo electoral. Para cubrir as 114 mesas electorais coas que conta o municipio lucense seleccionáronse un total de 1.026 cidadáns. Cada mesa electoral constitúese cun Presidente, un 1º Vogal e un 2º Vogal. En total, son elixidas 9 persoas por cada mesa, das que resultan os tres titulares e dous substitutos para cada posto.

Os seleccionados recibirán unha notificación no seu domicilio acompañada dun manual de instrucións coas indicacións dos horarios e das súas funcións.

Lugo conta con 114 mesas electorais distribuídas en 71 locais, que na súa maioría correspóndense con edificios oficiais. No caso lucense, hai dous locais electorais que son privados e que ceden solidariamente os particulares como son o restaurante A Palloza, o centro de Aspnais ou o baixo da rúa Mondoñedo, 33. Na zona rural establécense un total de 18 mesas ubicadas en 17 locais electorais.

A lei recolle que cada mesa debe ter un mínimo de 200 votantes e un máximo de 1.200. Para todo o territorio nacional, serán seleccionadas máis de 500.000 persoas para atender as 58.000 mesas electorais. Os cidadáns elexidos mediante os sorteos realizados en todos os concellos españois, cumplirán cun deber cívico ineludible.

O sorteo realízase por ordenador desde fai máis dunha década. Este avance informático supuxo unha axilización notable para a realización deste trámite, que agora se executa en cinco minutos fronte a tardanza de máis dun día de antaño.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova