Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugura unha clínica de tratamento de diálese da multinacional B.Braun


# Mércores, 25/04/2007


O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta mañá o acto de inauguración da nova clínica de tratamento de diálese que a multinacional B. Braun Avitum abriu na cidade.

O acto tivo lugar ás 12:00 horas nas instalacións que esta multinacional estrea na rúa das Fontes e, ademais do Alcalde, contou coa presenza doutras autoridades como o Concelleiro de Infraestruturas -José Piñeiro-, o Delegado Provincial da Consellería de Sanidade -Miguel Ángel Rodríguez Lois-, o Director Provincial do Sergas -José Luis Rodríguez López- e o Xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo -Miguel Ángel Fernández López-.

O Alcalde felicitou aos directivos da multinacional polas instalacións, que contan con máis de 1.175 metros cadrados e con capacidade para atender a 90 pacientes ao día. José López Orozco valorou moi positivamente a situación desta clínica, que vén representar as posibilidades de crecemento da zona norte, pola que o Concello leva apostando neste mandato investindo en novas dotacións e infraestruturas.

Por outra banda, o mandatario municipal sinalou que “o feito de que os enfermos poidan dispoñer dunhas instalacións confortables e dun trato profesional e humano é sinónimo de benestar social. Ademais, insistiu na importancia de que traballen en colaboración a iniciativa privada e a administración pública, como neste caso, pois é unha garantía de servizo ao cidadán”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova