Imprimir

O ALCALDE RECIBE A UN GRUPO DE XUBILADOS GALEGOS E ASTURIANOS DE TELEFÓNICA


19/4/2007

O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá a un numeroso grupo de xubilados de Telefónica que visitan á cidade por motivo dunha xuntanza. López Orozco comentou con eles a importancia da nova Lei de Dependencia, que beneficia, entre outros, ás persoas de maior idade.

Preto de sesenta antiguos traballadores da multinacional chegaron de toda Galicia e de Asturias para coñecer os encantos turísticos de Lugo. O Alcalde animounos a gozar da vida “pois, despois de tantos anos entregados ao traballo merecedes, agora un tempo de lecer e nada mellor que aproveitalo para coñecer a nosa cidade”.

Os excursionistas realizarán unha visita guiada pola Muralla e o centro histórico e pecharán a xornada cun xantar. Para finalizar, o Alcalde entregoulles varios agasallos institucionais como lembranza desta visita á Casa Consistorial.