Imprimir

O ALCALDE RECIBE A UN GRUPO DE ESTUDANTES DE NAVIA DE SUARNA


17/4/2007 Os rapaces estudian cultura clásica e visitan a cidade para descubrir o seu pasado romano

O Alcalde, José López Orozco, recibiu un grupo de estudantes de Navia de Suarna ás 11:30 horas desta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Os rapaces cursan Bacharelato pola rama de letras e acudiron acompañados polos seus profesores de Grego, Cultura Clásica e de Latín.

O Alcalde animou aos rapaces a gozar desta visita a Lugo e descubrir as súas orixes romanas. López Orozco salientou a importancia destes 25 estudantes de Grego e Latín “unha especie en perigo de extinción”, dixo, como herdeiros das culturas matrices do mundo occidental.

Os alumnos asturianos están de visita na cidade para asistir á representación da obra “Pluto” de Aristófenes, encadrada no Festival de Teatro Grecolatino. Os profesores comentaron que “este festival é unha gran excusa para coñecer Lugo”. Ademais da actividade teatral, teñen previsto visitar a Casa dos Mosaicos e o centro histórico.