Imprimir

O EIXO ATLÁNTICO APROBARÁ O MAPA DE INFRAESTRUTURAS DO NOROESTE PENINSULAR NA COMISIÓN DO MÉRCORES


10/4/2007 O Concelleiro José Piñeiro participará nesta xuntanza en representación de Lugo

O Concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo, José Piñeiro, participará mañá, mércores, ás 10:30 horas, na Comisión Delegada de Infraestructuras do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. A xuntanza terá lugar no Salón Nobre do Concello de Ourense.

Nesta reunión aprobarase o documento do Mapa de Infraestructuras do Eixo Atlántico actualizado, que foi presentado á Asamblea Xeral no pasado mes de febreiro.

Este documento revisa o grado de execución do mapa aprobado no ano 2000, para ser posteriormente remitido aos gobernos coa intención de presionar para o seu cumprimento.

Por outra parte, o Eixo Atlántico marcou entre as súas prioridades, no ámbito da Intermodalidade, a vertebración dun sistema interior de transporte ferroviario, así como impulsar a posible creación dun Consorcio Transfronteirizo de Transportes como instrumento para promover a mobilidade entre os cidadáns da Eurorrexión.

Os profesores Miguel A. Bugarín e Antonio Babo, responsables do traballo, presentarán un primeiro documento para o seu debatre cos representantes políticos das cidades.