Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe o mércores o premio ¿Ciudad Patrimonio de la Humanidad¿


# Luns, 09/04/2007
A Ministra de Cultura fará entrega do galardón no transcurso dun acto en Cádiz

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibirá o mércores en Cádiz, e no nome de Lugo, o segundo premio “Ciudades Patrimonio de la Humanidad”, que concede o Ministerio de Cultura.

A entrega do premio terá lugar na capital gaditana e con el prémiase o traballo realizado dende 1921 na conservación, mantemento e rehabilitación da muralla romana, dende que foi distinguida como Monumento Nacional.

O acto, que presidirá a Ministra de Cultura, Carmen Calvo, contempla a entrega dos premios desta categoría das edicións do 2005 (cando foron premiados Santiago e a Universidade de Andalucía) e a de 2006 (con Elche en primeiro lugar e Lugo en segundo).

Ademais, no mesmo acto entregaranse as distincións dos premios “Artes Plásticas, Fotografía y Restauración y Conservación de Bienes Culturales”.

O Salón de Actos da Deputación Provincial de Cadiz será a encargada de acoller este acto, no que o Concello de Lugo estará representado polo Alcalde dende as doce e media da mañá.

O Concello de Lugo recibiu esta distinción polo traballo realizado dende 1921 e en especial polo esforzo inversor realizado nos últimos anos, dende que mantén o título de Patrimonio da Humanidade.

No dossier presentado para o premio figura un investimento total nos últimos anos de 7.530.138 euros nas áreas de arqueoloxía, medio ambiente, deportes, infraestrutuas e gabinete de tráfico na muralla.

Engaden tamén outro tipo de actuacións, non contabilizadas económicamente, nas que se recollen actuacións para a promoción do monumento no ámbito da cultura e turismo.

O premio está dotado con 9.015 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova