Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde, invitado de Francisco Vázquez na presentación das actas do congreso sobre cidades amuralladas


# Sábado, 31/03/2007
O acto está relacionado co V Aniversario da Declaración da Muralla Patrimonio da Humanidade

O Alcalde, José López Orozco foi convidado polo Embaixador de España diante a Santa Sé, Francisco Vázquez á presentación oficial das actas do I Congreso Internacional “Murallas de cidades romanas en el occidente del Imperio. Lucus Augusti como paradigma”. No acto tamén estivo presente o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro, institución que organizou estas xornadas.

Estas actas recollen as intervencións e os traballos presentados por 40 especialistas neste congreso que se celebrou en Lugo no ano 2005 por motivo do V Aniversario da Declaración da Muralla Patrimonio da Humanidade. Este volume é unha escolma de 34 artigos que suman máis de 700 páxinas.

O acto tivo lugar ás 18:00 horas na cidade de Roma e ademais da presentación tamén tivo lugar unha recepción ao profesor lucense da Universidade de Santiago, Antonio Rodríguez Colmenero; a profesora de Arqueoloxía Clásica Isabel Rodá; o embaixador de Croacia, Emilio Marin, e o profesor da Universidade de Roma Paolo Sommella.

Neste acontecemento participaron máis dun centenar de persoas entre autoridades, especialistas na materia e personalidades do mundo da cultura e da ciencia de Roma. Ademais, contou cunha importante presenza internacional cos embaixadores de Chile e Croacia en Italia, entre outros.

Na intervención pública que fixo José López Orozco sinalou “a boa sintonía existente entre Lugo e Roma polo seu pasado histórico común” e felicitou a Francisco Vázquez polo seu papel como embaixador.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova