Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos do Lucus Augusti foron recibidos polo Alcalde e o embaixador español en Roma


# Xoves, 29/03/2007
Participará tamén na presentación dun foro internacional sobre cidades con murallas romanas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Embaixador de España no Vaticano, Francisco Vázquez, recibiron hoxe a un grupo de alumnos de primeiro curso de BAC que se atopan na capital italiana de excursión acompañados polos directores do centro.

Os alumnos tiñan concertada a recepción co embaixador dende hai tempo, polo que foi unha enorme sorpresa encontrarse alí ao Alcalde, e así o fixeron constar.

O Alcalde acompañounos durante o percorrido polo pazo que acolle a embaixada e no que puideron ver, entre outras, distintas xoias artísticas. Entre os grandes tesouros do pazo está o único cadro do rei Alfonso XIII cando neno, varios tapices de Rubens, un cadro da Escola de Goya e poderon escoitar varias historias do edificio vinculadas a Velázquez e o Conde Duque de Olivares.

Como curiosidade, o Alcalde destacou o feito de que un dos rapaces que viaxou a Roma é veciño do seu mesmo bloque.

Ademais, o Alcalde participará nun novo acto oficial organizado polo Embaixador de España ante a Santa Sé e ex alcalde da Coruña.

O representante español no Vaticano e o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, invitaron ao Alcalde de Lugo á presentación das actas do Congreso Internacional “Murallas de ciudades romanas en el Occidente del Imperio. Lucus Augusti como paradigma”, que terá lugar o venres.

Nesta sesión, que contará cunha recepción, estarán presentes o profesor lucense da Universidade de Santiago, Antonio Rodríguez Colmenero; a profesora de Arqueoloxía Clásica Isabel Rodá; o embaixador de Croacia, Emilio Marin, e o profesor da Universidade de Roma Paolo Sommella.

Sen dúbida, a cidade de Lugo resulta a gran protagonista nesta reunión na que se reúnen estudiosos da materia de diferentes partes de Europa. Esta recepción terá lugar ás seis da tarde.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova