Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participa en Roma na presentación dun congreso internacional sobre murallas romanas


# Mércores, 28/03/2007
Recibirá, xunto ao embaixador da Santa Sé, a un grupo de estudantes do Lucus Augusti que están de visita na capital italiana

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, estará o xoves e o venres na capital italiana de Roma invitado polo Embaixador de España ante a Santa Sé e ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez.

O representante español no Vaticano e o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, invitaron ao Alcalde de Lugo á presentación das actas do Congreso Internacional “Murallas de ciudades romanas en el Occidente del Imperio. Lucus Augusti como paradigma”, que terá lugar o venres.

Nesta sesión, que contará cunha recepción, estarán presentes o profesor lucense da Universidade de Santiago, Antonio Rodríguez Colmenero; a profesora de Arqueoloxía Clásica Isabel Rodá; o embaixador de Croacia, Emilio Marin, e o profesor da Universidade de Roma Paolo Sommella.

Sen dúbida, a cidade de Lugo resulta a gran protagonista nesta reunión na que se reúnen estudiosos da materia de diferentes partes de Europa.

Esta recpeción terá lugar ás seis da tarde, hora de Roma, ás cinco da tarde en España.

O Alcalde aproveitará tamén esta viaxe, que inicia mañá, xoves, para participar na recepción que o embaixador realiza a un grupo de alumnos do Instituto Lucus Augusti, de Lugo, que están de excursión na cidade. Será ás cinco da tarde.

O rexidor súmase a esta iniciativa como Alcalde da cidade e tamén como antiguo profesor de Filosofía deste instituto e a instacia do embaixador.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova