Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e o Concelleiro de Medio Rural inauguran en Lugo Foresgal


# Venres, 23/03/2007
Trátase do primeiro salón forestal da provincia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou esta mañá, xunto co Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, o primeiro salón forestal que hai na provincia, que leva o nome de Foresgal.

O recinto de Feiras e Congresos acolle esta feira, que reúne baixo o título de Achégate ao monte, stands demostrativos combinados con sesións técnicas, conferencias de expertos e demostracións de coidados e usos do bosque.

Foresgal aspira a se converter no salón de referencia da península e, proba diso, é a presencia, por exemplo, de Portucel, a maior empresa madedeira do país veciño.

O Aldalde e o Concelleiro foron encargados de cortar a cinta inaugural nun acto no que o rexidor municipal fixo referencia á necesidade de aunar esforzos para coidar o monte, “para obter del unha maior rendabilidade económica e medioambiental”.

Indicou tamén que é necesario un esforzo de traballo e tamén de coñecemento científico, para que teña como resultado “menos incendios e máis rendabilidade”.

O Conselleiro pola súa banda insistiu na necesidade de utilizar tres liñas de traballo para mellorar o monte: a organización, a valoración e a prevención.

Esta feira, que ocupa todo o recinto feiral, repartida nos dous pavillóns, permanecerá aberta até o domingo. Varios especialistas farán, ao carón do río, traballos de seguridade con motoserras e de poda en altura.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova